Unión Deportiva Barbadás
Página principalMapa del sitioAgregar a favoritosImprimirEnviar a un amigo
 

Un Clube , unha afección, unha paixon , .... , Únete

Un Clube , unha afección, unha paixon , .... , Únete
Historia UDC BARBADAS
Vign_histroia
UDC Barbadás ,nome co que compite tamén a nivel federativo a Escola Deportiva de Fútbol.Nace o clube na tempada 98-99 da fusión coa Agrupación Deportiva Parda-Piñor, pola necesidade de darlle continuidade aos xogadores que rematan a súa estancia na escola e para que poidan seguir xogando dentro do mesmo clube
Da fusión arráncase na tempada 98-99 en 2ª rexional con M.Morales como adestrador. A tempada trascurre discretamente.Na tempada seguinte ascéndese a 1ª rexional, despois dunha campaña brillante que remata co ascenso gañando en Monterrei 1-3.
Seguen as tempadas 00-01 , -01-02, 02-03 con estancia en 1ª Rexional.Unha primeira tempada na que se produciría a inauguración do campo de "Os Carrís" en setembro do 2000 e na que se está a piques de conquerir o ascenso a Rexional Prefernte,nun derradeiro partido onde tíñamos que gañar ao Maside e que o Vilamarín non o fixera en Coles.Non foi así e quedamos ás portas do ascenso no primeiro ano na 1ª rexional. Seguen dúas tempadas de transicción; pero na 02-03 conquírese inesperadamente e por renuncia dos predecesores na clasificación ao ascenso a Rexional Preferente.
O primeiro ano en preferente sofrese moito, despois dun cambio de adestrador, Avelino deixa o cargo e con M.Morales de novo acádase a salvación no derradeiro partido.
Na tempada 04-05 con Guillermo,Fabio e Gallego como adestradores , rematamos descendendo a censecuencia dos arrastres, pero por ascenso do filial Bentraces terminamos seguindo na categoría.Esa mesma tempada o club gaña a COPA DIPUTACIÓN fronte do Arenteiro no campo do Couto.
Seguen tres tempadas 05-06, 06-07 e 07-08 onde o equipo non só se consolida na categoría se non que na 07-08 xógase a fase de ascenso a 3ª División nunha eliminatoria histórica fronte do SOMOZAS .
Nesta mesma tempada inaugurouse a remodelación do campo dos Carrís, instalándose un céspede artificial do máis novedoso, sendo da admiración de todolos que o visitan.
Na tempada 08-09 o equipo sae cas mesmas perspectivas de pelexar entre os grandes. Con Guillermo/Figo , Abad e Gallego formándo o equipo técnico e co obxectivo de conquerir éxitos para o noso clube. Xogase de novo a fase de ascenso á terceira division ante o BERGANTIÑOS e de novo quedamos ás portas. A tempada 09-10 transcorre co equipo nos postos altos ainda que desta vez non entra nas fases de ascenso. Conquirese nembargantes de novo a Copa Deputación , desta vez gañouse a final ante o Covadonga 2 -1 .
Volve ser na tempada 10-11 cando de novo conquerimos a terceira praza , xogamos unha promocion de ascenso desta vez ante o Boiro, que nos elimina polo valor dobre dos goles fora. Eiqui remata un ciclo de Guillermo ó frente do equipo, dispois de sete tempadas ó mando do primeiro equipo , abandona o clube e chega para escomenzar a  tempada 11 -12 JORGE REGAL. Continúa ROBERTO ABAD no equipo . Dispois duns inicios titubeantes  , o Barbadás chega  a estar vinteseis xornadas sen perder, das cales vintedúas foron victorias e catro empates. Dentro das victorias catorce foron consecutivas. Record nacional, pois ningún equipo tivo  tantas victorias continuadas.Esto supuxo o ascenso á 3ª DIVISION .
Na seguinte tempada 2012-13 o equipo con  solvencia conquire manter a categoría de 3ª división,salvandose a falta de dúas xornadas para remate da liga
Resaltar a participación dun equipo FILIAL que desde a tempada 06-07 depende directamente de nós e que primeiramente con Ángel Nóvoa dispos con Luis Parada ao frente,  e agora con Ekay tenta acoller aos xogadores que saen dos xuvenís e facer xogadores cara o primeiro equipo. Como logro importante do FILIAL,que segue competindo na 1ª Rexional, foi a FINAL DA COPA DIPUTACIÓN 2012-13, pese a que se perdeu na final ante o Taboadela por 2 - 1, pero é ata o día de hoxe o segundo equipo Filial que logra chegar a unha final, dispois do Ourense B
Na tempada 08-09 tamén se creou unha sección de FÚTBOL FEMENINO, que en dous anos chegou ata a segunda máxima categoría a nivel femenino como é a 2ª división nacional femenina.Na  tempada 11/12 o Feminino conquire a COPA GALICIA dispois de vencer na final ó Val por 1 - 0.Tamén na 12-13 o equipo Femenino chegou a Final ca Copa Galicia, que perdeu ante o Villestro de Santiago, pero conqueriu de novo o ascenso á 2ª división Nacional Femenina


ESCUELA DE FUTBOL
Vign_efbarbadas4-1_1_

La Escuela de Fútbol Barbadás se fundó en el año 1992. Son ya bastantes años de existencia, muchos años dedicados al fútbol base. Esta iniciativa arranca como alternativa en su momento a tanto club aficionado en nuestra zona y con José Morales (Pillo) y José Manuel Fernandez como promotores de la misma.
Mucho han cambiado los tiempos desde aquellos comienzos en A Chaira , antiguo campo del Parada-Piñor, ya desaparecido y padre del vigente club U.D.C. BARBADAS, nombre con el que a nivel federativo tambien compite la escuela , a los actuales y con las nuevas instalaciones Municipales de Os Carrís .

La  Escuela  Deportiva de Fútbol ha crecido sensiblemente, se pasó de los 40 jovenes que empezaron de distintas edades en el 92 a los mas o menos 300 con los que se cuenta hoy y con una filosofía y unos objetivos claros y definidos ."CONTRIBUIR EN LA FORMACIÓN INTEGRAL DE ESTOS JOVENES DENTRO DEL DEPORTE QUE MAS LES GUSTA Y EN TODOS LOS ASPECTOS"
Decir que se cuenta con todas las categorías que compiten a nivel federado :
PRE-BENJAMINES, BENJAMINES, ALEVINES, INFANTILES,CADETES , JUVENILES, además preparamos a un grupo de niños (INICIACIÓN) que al año siguiente pasan a los grupos de competición.
Satisfactorio tambien es el  contar desde hace poco con una sección de fútbol FEMENINO
En estos momentos contamos tambien con equipos en todas las categorías de Ligas Gallegas Autonómicas, tanto en Infantiles, como en Cadetes y Juveniles

AD Parada-Piñor
Vign_adparada
Inauguración Os Carrís
Vign_inau21
Remodelación 2010
Vign_grada_1_
Campeóns de Copa 2010
Vign_acopaxaestaaqui
Inicios Esc.Fútbol
Vign_efbarbadas4-1_1_
XIMNASIO
Vign_ximnasio_1_
SALA FISIOTERAPIA
Vign_fisioterapiasala_1_
A VALENZÁ - BARBADÁS - OURENSE